martes, 22 de noviembre de 2011

GRUPO DE TRABALLO NO IES DE BRIÓN

Todos estamos intentando sacar algo de proveito deste mundo tan dixitalizado. Ánimo!

sábado, 26 de septiembre de 2009

IES DE BRIÓN

CHIP OU CIRCUÍTO INTEGRADO




                                                                                         




DIFERENTES MODELOS DE TRANSISTORES


martes, 10 de abril de 2007

CARNOTA


O IES no que traballo, está situado nesta bonita paraxe.
Fai click sobre a imaxe, se queres apreciar toda a súa beleza.

LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Reservo un espazo do blog para acoller todas aquelas opinións, suxerencias... do alumnado, no que afecta ao desenvolvemento diario das clases de Tecnoloxía.

miércoles, 28 de marzo de 2007

COMPETICIÓN DE ROBÓTICA


Tentaremos, para o vindeiro curso organizar un modesto campeonato de robótica con , bueno mellor dito contra, alumnos de outro instituto que lles apeteza participar.
Será, por suposto, unha actividade voluntaria, na que aprenderiamos a construir robots coas tan coñecidas pezas de LEGO e programariamolos con ROBOLAB.
Este blog servirá de elemento de comunicación sobre o tipo de probas que se realizarán, os participantes, os días que conviremos para traballar ...
Ata pronto!

lunes, 26 de marzo de 2007

SITUACIÓN DA ÁREA DE TECNOLOXÍA

Seguro que moitos de vós xa coñecedes a situación na que probablemente quedará a área de Tecnoloxía da ESO nos vindeiros cursos. Aínda que non está decidido, o máis probable é que teñan lugar os seguintes cambios:

-1º ESO: Deixarán de impartirse as dúas horas semanais.
-2º ESO: Deixarán de impartirse as tres horas semanais.
-3º ESO: Neste curso do segundo ciclo, o número de horas semanais incrementarase de dúas ata catro.
-4º ESO: Non haberá cambios con respeto á situación actual. A tecnoloxía será unha área optativa con unha carga lectiva de tres horas semanais.

Que vos parece?
Se os cambios chegan a consolidarse, pronto vos informarei dos contidos e criterios de avaliación da área no segundo ciclo.